Solución de problemas |
Clases en grupos moi reducidos concebidas coma un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar de xeito directo. Estas clases están adicadas á resolución dos boletíns de problemas, que previamente terán sido proporcionados ao alumno a través da plataforma Moodle, e que deberán realizar de forma autónoma para a súa posta en común nestas clases. Ademáis, tamén se resolverán dúbidas sobre calquera aspecto relacionado coas sesións maxistrais. |
Prácticas de laboratorio |
6 sesións de laboratorio de aprox. 3 horas de duración, nas que o alumno levará a cabo a aplicación dos conceptos teóricos estudados na aula.
Cada práctica leva vencellado un guión e un prelaboratorio que serán proporcionados ao alumno (a través de Moodle) con antelación ás sesións prácticas. A realización dos prelaboratorios antes de realizar as prácticas é obrigatoria. Os guións terán cuestións que deberán ser respostadas e entregadas unha vez rematadas as prácticas.
Durante as sesión de laboratorio, e de xeito simultáneo á realización dos experimentos, o alumno deberá elaborar un caderno de laboratorio, que recolla os cálculos, os procedementos experimentais e as montaxes necesarios. O profesor revisará o caderno de laboratorio de cada alumno en cada práctica |
Proba mixta |
Proba escrita que se realizará nas dúas convocatorias oficiais de xaneiro/xullo, na que se avaliará a aprendizaxe do alumno mediante preguntas de teoría, teoría aplicada e resolución de problemas. |