Para superar a asignatura plantexanse dous requisitos básicos: asistencia regular a todas as actividades avaliables e alcanzar unha cualificación final mínima de 5 puntos e ao menos un mínimo de 4 puntos en cada una das actividades avaliables.
Para que se teñan en conta as cualificacións nas distintas actividades
suxeitas a avaliación e preciso obter a cualificación mínima indicada
anteriormente para cada unha delas. Polo tanto, de non alcanzarse dita
puntuación mínima nalgunha delas, no caso de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10) a asignatura figurará como suspensa (4.5).
O alumno obterá a cualificación de Non Presentado cando realizara menos do 25% das actividades académicas programadas, e non se presente ao exame final. As cualificacións das prácticas de laboratorio, traballos tutelados, obradoiros e dos seminarios manteranse na segunda oportunidade de xullo. Mentres que a cualificación da proba obxectiva de xullo substituirá a obtida na proba obxectiva de febreiro.
Os alumnos avaliados na segunda oportunidad sólo poderán optar a matrícula de honra si o número máximo déstas para o correspondiente curso non se cubriu na sua totalidade na primeira oportunidade.
Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volvería a comenzar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que sexan programados para dito curso.