Para superar a asignatura plantéxanse dous requisitos básicos: (i) asistencia regular a tódalas actividades evaluables e (ii) alcanzar unha calificación mínima nas actividades evaluables (5 puntos sobre 10). A proba obxectiva consistirá en dúas partes, con cuestións teóricas e exercicios numéricos, cada unha delas constitúe unha actividade evaluable. Xa que logo, de non acadar a puntuación mínima nalgunha delas, no caso de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a asignatura
figurará como suspensa (4).
O aluno obterá a calificación de Non Presentado cando teña feito menos do 25% das actividades académicas programadas.
As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios conservaranse na segunda oportunidade de xullo.
As cualificacións da proba mixta da segunda oportunidade (xullo) substituirán ás obtidas na proba mixta da primeira oportunidade (xuño). Polo que atingue aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a evaluación, refirese a un curso académico e, xa que logo, voltaría a comezar cun novo curso, incluindo as actividades e procedimentos de evaluación que sexan programados para o devandito curso.
Os alunos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se ten cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.