O traballo do estudante será evaluado de forma continua e periódica a
través de asistencia regular ás actividades evaluables, a súa
participación nos traballos de seminario, pola resolución de
cuestións e problemas plantexados polo profesor (que terán que
entregar resoltos no plazo que se indique), polas prácticas de
laboratorio (cuxa realización é obrigatoria) e polos exámenes
escritos realizados. Ao finalizar as prácticas deberán entregar un
informe do procedimento, resultados obtidos e interpretación deles.
Para superar a asignatura é preciso obter, tanto na proba
objextiva como no resto de actividades evaluables, unha nota mínima de 4
(sobre 10) e acadar, sumadas as cualificación de tódalas
actividades evaluables unha nota mínima de 5 (sobre 10). A asignatura
non será aprobada (incluso no caso de que a suma total supere 5) se a
puntuación dunha das actividades evaluables non acada o 4. Neste caso, a
puntuación final da asignatura será suspenso (4).
O estudante terá a calificación de Non Presentado cando teña feito menos do 25% das actividades académicas programadas, e non
se presente ao exame final.
Na contorna de "evaluación continuada" a "segunda oportunidade de
xullo" enténdese como unha segunda oportunidade de realización da
proba mixta. Xa que logo, para as prácticas, seminarios, lecturas e
traballos tutelados, manteranse as cualificacións obtidas ao
longo do curso, mentres que a cualificación da proba obxectiva
da segunda oportunidade substituirá á obtida na primeira
oportunidade.
Os alunos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar a
matrícula de honra se o número máximo déstas para o correspondiente
curso non se ten cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.
No que atingue aos sucesivos cursos académicos, o proceso
de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso
académico e, xa que logo, voltaría a comezar cun novo curso,
incluídas tódalas actividades e procedimentos de avaliación que sexan
programadas para o devandito curso.