Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
Asignaturas |
Química Inorgánica 2 |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Química Inorgánica 2 | Código | 610G01022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B2 B4 C1 | O profesor valorará tanto as respostas ás cuestións do boletín como a participación activa no debate cos outros compañeiros. Valoraranse tamén as probas de respostas curtas ou probas de tipo test realizadas durante estas clases. |
15 |
Prácticas de laboratorio | A22 A21 A20 A18 A17 A14 A23 A26 B1 B2 B3 B4 C1 | O traballo no laboratorio avaliarase dende os puntos de vista de: - organización e seguridade - coñecemento do material, técnicas preparativas e o seu uso - habilidade manual e, - especialmente, a capacidade para comprender os procesos observados a partir da preparación previa. Tamén se avaliará a elaboración do Caderno de Laboratorio, que constará de tres partes: 1-Resumo da preparación teórica previa (realizada durante os traballos tutelados). 2- Descrición detallada da execución e desenvolvemento dos experimentos (diario de laboratorio). 3- Comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poidan extraer deles. |
20 |
Proba mixta | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 B3 B2 C1 | A proba escrita levarase a cabo no horario aprobado na Xunta de Facultade. Constará dunha serie de cuestións e problemas relacionados co programa da materia. |
50 |
Traballos tutelados | A14 A16 A21 B1 B2 B3 B4 C1 | Mediante as tutorías asociadas aos traballos tutelados, o profesor, ademais de orientar ao alumno, avalía todos os aspectos relativos á preparación teórica das prácticas e aspectos experimentais ou de seguridade no traballo. Dada a súa importancia, o alumno non poderá comezar o traballo no laboratorio ata que realice de forma adecuada esta preparación previa. |
15 |
Observacións avaliación | |||
Para aprobar a materia será necesario alcanzar un mínimo de 50 puntos, debéndose cumprir ao mesmo tempo a condición de obter un mínimo dun 45% da cualificación da Proba mixta e un mínimo dun 40% da suma das cualificacións dos apartados Traballos Tutelados + Prácticas de laboratorio. No caso de que o alumno non conseguise a puntuación mínima nalgunha delas, se a suma do conxunto é superior ou igual a 50 puntos a materia figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos). A avaliación non poderá ser positiva se non se asistiu a todas as clases de laboratorio e a un 85% do resto das actividades. O alumno terá unha cualificación de non presentado cando realice menos dun 25% das actividades académicas programadas e non se presente a proba mixta. A "segunda oportunidade de xullo" enténdese exclusivamente como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Por tanto, soamente repetirase a proba mixta, a cal suporá, igual que na "primeira oportunidade", o 50% da cualificación. Á devandita nota sumaráse as cualificacións obtidas nas demais actividades realizadas durante o curso Os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non fose cuberto na súa totalidade na "primeira oportunidade". Unicamente no caso de circunstancias moi excepcionais e justificadas, o coordinador da materia poderá eximir a algún membro do alumnado da súa participación en parte das actividades que conforman o proceso de avaliación continua. O alumnado que se atopase nesa situación deberá superar unha proba obxectiva específica que permita comprobar a consecución das competencias asociadas á materia. A metodoloxía docente e as actividades que a configuran están deseñadas de acordo cun proceso de avaliación continua programado para un único curso académico, polo que non se contempla a posibilidade de trasladar cualificacións parciais de actividades superadas a cursos sucesivos. |
|