Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
Asignaturas |
Medio ambiente e calidade |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Medio ambiente e calidade | Código | 610G01037 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Seminario | Como complemento das clases maxistrais realizanse seminarios adicados áa resolución dalgúns dos problemas e cuestión que, previamente terán sido entregados ao estudante. Neles interpretaranse datos e resolveranse problemas reais relacionados con parámetros indicadores da calidade do ar, augas y chan. Tamén se discutirá algún exemplo de puntos críticos no control da calidad de laboratorios. |
Prácticas de laboratorio | O estudante aplicará en mostras reais os conceptos teóricos estudados ao longo do curso e será capaz de constrastar os resultados obtidos coas especificacións da lexislación específica. Ao rematar as prácticas terá que entregar unha memoria do traballo feito que inclúa un informe e/ou análise crítica e detallada sobre os resultados obtidos. |
Proba mixta | Constará de afirmacións a validar empregando varias alternativas indicadas, para que o estudante seleccione a que mellor resposte á pregunta. Ademáis realizaranse preguntas nas que se deixa un espazo limitado para a súa contestación. Terán que resolverse exercicios numéricos. |
Sesión maxistral | Abordarán os contidos máis importantes do programa. Para un total aproveitamento das mesmas, recoméndase ao aluno que teña lido previamente os aspectos fundamentais do tema a tratar (nos textos recomendados). Para a impartición das mesmas empregaranse medios audiovisuais e/ou informáticos e fomentarase o diálogo para a correcta comprensión dos contidos, a resolución de dúbidas e o fomento do sentido crítico. |
|