O traballo do alumno será evaluado de forma continua e periódica a través da asistencia regular ás actividades evaluables, a súa participación nos traballos de seminario, a resolución de cuestións e exercicios plantexados polo profesor (que terán de ser entregados no prazo que se indique), polas prácticas de laboratorio (cuxa realización é obligatoria) e polos exámenes escritos. Ao final das prácticas deberán entregar un informe do procedimiento, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.
Para superar a asignatura é preciso obter, tanto na proba mixta coma no resto de actividades evaluables, unha nota mínima de 4 (sobre 10) e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades evaluables unha nota mínima de 5 (sobre 10). A asignatura
non será aprobada (incluso no caso de que a suma total supere 5) se a
puntuación dunha das actividades evaluables non acada o 4. Neste caso, a
puntuación final da asignatura será suspenso (4).
O alumno obterá calificación de Non Presentado cando teña feito menos do 25% das actividades académicas programadas e non se presente ao exame final.
No contexto de "evaluación continuada" a "segunda oportunidade de xullo" enténdese coma unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Xa que logo, para as prácticas e seminarios manteranse as cualificacións obtidas ao longo do curso, mentres que a calificación da proba mixta de xullo substituirá á obtida na proba mixta de xuño.
Polo que fai aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a evaluación, refirese a un curso académico e, xa que logo, voltaría a comezar co novo curso, incluídas tódalas actividades e procedimentos de evaluación que sexan programadas para dito curso.
Os alumnos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubrira na súa totalidade na primeira oportunidade