Proba mixta |
A14 A15 A21 A27 B2 |
Proba escrita dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais (50%) e na resolución de problemas (20%). |
70 |
Solución de problemas |
B2 B4 B5 |
Realizarase unha avaliación continua da elaboración de problemas e cuestionarios, os cales serán avaliados e supoñerán o 10% da nota final. Ademais, os coñecementos adquiridos na resolución de problemas serán valorados na proba mixta. |
10 |
A asistencia ás sesións de resolución de problemas e ás prácticas de laboratorio é obrigatoria.
O alumno deberá superar tanto as prácticas coma a proba mixta para superar a materia.
Para superar as prácticas, ademais da asistencia, é imprescindible aprobar o exame correspondente.
Para a avaliación continua, no que se refire á resolución de problemas, cada estudante deberá entregar resoltos os correspondentes boletíns de problemas previamente á asistencia a cada sesión e na forma indicada polo profesor. Finalmente, deberá acudir á correspondente sesión.
Proba mixta: estará constituída por dúas partes, unha teórica (50%) e outra de resolución de problemas (20%).
Para aprobar a materia deberá superarse cada unha das partes avaliables: teoría, prácticas e resolución de problemas.
Para que un alumno sexa considerado como NON PRESENTADO" non deberá ter realizado a proba mixta.
No caso de non aprobar a materia na primeira opción, na segunda oportunidade deberá superarse a parte non aprobada. Se é a teoría, repetindo a parte correspondente da proba escrita, o mesmo no caso da resolución de problemas. Se son as prácticas, repetindo o exame.
ADVERTENCIA: se non se realizaron as prácticas haberá que superar ademais un exame práctico.
No caso de que varios alumnos optaran á obtención de Matrícula de Honra e non se puidesen concender todas, concederáselle a aqueles alumnos que obtivesen a máxma cualificación na primeira oportunidade.
|