Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Iniciación á Botánica: Botánica xeral
   Contidos
Temas Subtemas
Teoría: Introducción e xeneralidades 1 Encadre dos vexetais nos seres vivos. Reinos Plantae, Protista, Monera e Fungi. Carácteres e principais grupos.
2 Niveis morfolóxicos de organización dos vexetais. Evolución de talófitos a cormófitos.
3 Reprodución. Alternancia de fases nucleares e de xeracións. Ciclos biolóxicos.
Teoría: Grupos vexetais 4 As plantas con flores. Carácteres xerais e ciclo de vida dos espermatófitos.
5 Morfología e bioloxía floral dos espermatófitos.
6 As anxiospermas (dicotiledóneas e monocotiledóneas) e ximnospermas.
7 As plantas sen flores. Carácteres xerais dos embriófitos. Os embriófitos vasculares. Carácteres xerais e ciclo de vida dos pteridófitos.
8 Os embriófitos prevasculares. Carácteres xerais e ciclo de vida dos briófitos.
9 Moneras e protistas fotosintéticos. *Cianofíceas e algas eucariotas.
10 Reino Fungi e protistas heterótrofos.
Teoría: Introdución á Botánica Sistemática e Xeobotánica 11 A Botánica como ciencia sistemática. Criptogamia e Fanerogamia. Evolución dos sistemas de clasificación. Nomenclatura botánica.
13 A Xeobotánica como ciencia integradora. Os reinos florísticos e as principais formacións vexetais da Terra.
Seminarios 1 Diagramas e fórmulas florais. Claves de identificación (2h).
2 Seminario sobre plantas vasculares e prevasculares (2h).
3 Ciclos de vida de algas e fungos (2h).
4 Estudos comparados de organismos (1h).
Prácticas 1 Observación de vexetais terrestres no seu medio natural. Recolección e métodos de conservación.
2 Observación e descrición de anxiospermas dicotiledóneas.
3 Observación e descrición de anxiospermas monocotiledóneas.
4 Observación e descrición de ximnospermas.
5 Observación e descrición de pteridófitos.
6 Observación e descrición de briófitos.
7 Observación e descrición de algas macroscópicas.
8 Observación e descrición de algas microscópicas.
9 Observación e descrición de fungos.
Estudo de casos 1 Recolección, identificación e conservación de dúas anxiospermas dicotiledóneas.
2 Recolección, identificación e conservación de dúas anxiospermas monocotiledóneas.
3 Recolección, identificación e conservación de dúas ximnospermas.
4 Recolección, identificación e conservación dun fento e un brión.
5 Recolección, identificación e conservación de dúas macroalgas de diferente división.
6 Recolección, identificación e conservación dun fungo superior e un lique.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes