A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas de laboratorio realizadas e os traballos
tutelados en grupo. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e
capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas.
-Na primeira oportunidade de avaliación terán carácter de
NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran á "proba obxectiva",
tendo ou non realizado previamente as “prácticas de laboratorio” e presentado o
caderno de prácticas ("portafolios do alumno"), e/ou participaran nos
debates desenvoltos nos "seminarios".
-Terán carácter de SUSPENSO aqueles alumnos que téndose presentado
á "proba obxectiva", non acadaran na mesma a cualificación mínima
mencionada no apartado “Avaliación”, aínda que tiveran realizado previamente
calquera das outra actividades como son as "prácticas de laboratorio"
e/ou participaran nos "seminarios".
-Os alumnos que concorrendo a unha segunda oportunidade de
avaliación ; non tiveran realizado as "prácticas de laboratorio"
e/ou non tiveran presentado o caderno de prácticas ("portafolios do
alumno"), terán que facer fronte a preguntas relativas ás mesmas como
parte da "proba obxectiva", debendo obter nestas preguntas unha
cualificación mínima de 5.0.
Terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran
á "proba obxectiva", tendo ou non realizado previamente as “prácticas
de laboratorio” e/ou tiveran presentado ou non o caderno de prácticas
("portafolios do alumno"), e participaran ou non nos debates
desenvoltos nos “seminarios”.
Serán cualificados con
SUSPENSO aqueles alumnos que téndose presentado á "proba obxectiva",
non acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado
“Avaliación”, aínda que tiveran realizado previamente calquera das outra
actividades como son as "prácticas de laboratorio" e/ou participaran
nos "seminarios".