Investigación (Proxecto de investigación) |
A20 A23 A26 A27 A28 A30 A32 B13 |
OBRIGATORIOS. Os alumnos elaborarán unha memoria de prácticas con formato de publicación científica, que deberá reflectir os coñecementos adquiridos durante as mesmas. Aqueles alumnos que, por causas xustificadas, non poidan asistir ás prácticas programadas, deberán igualmente realizar un traballo práctico baixo a supervisión da profesora.
|
15 |
Traballos tutelados |
A19 B1 B3 B4 B5 B8 B10 |
OBRIGATORIOS. Os traballos serán avaliados en función da súa orixinalidade, o seu grao de relación coa materia, a calidade do material empregado e a calidade da exposición.
|
10 |
Proba de resposta múltiple |
A7 A19 B2 B8 |
OBRIGATORIO. Tipo test. Os erros non suporán unha penalización.
|
10 |
A meirande parte da teoría da materia avaliarase mediante un exame final. A nota máxima será de 6 puntos, debendo os alumnos ter unha nota mínima de 2.4 sobre 6 (4 sobre 10) para poder superar a materia. A avaliación de parte da materia (que poderá ser impartida en inglés), dos seminarios, da memoria de prácticas e das actividades que se propoñan durante o curso poderá supoñer un aumento na nota final de ata catro puntos. Ademais dos coñecementos adquiridos, tamén se valorarán a participación activa nas diferentes actividades e a capacidade de traballo en grupo. Aqueles alumnos que non participen ten todas as actividades non poderán obter a máxima nota (10 puntos) en ningunha das oportunidades de avaliación. A calificación dos seminarios, prácticas e do traballo tutelado manterase nas dúas oportunidades de avaliación. Requírese unha nota final de 5 puntos para aprobar a materia. Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán presentarse ao exame final (proba de resposta breve).
|