Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Grao en Economía |
Asignaturas |
Macroeconomía |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Macroeconomía | Código | 611G01017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Solución de problemas | Na aula proporanse problemas que os alumnos deberán resolver. Os alumnos exporán a súa resposta na aula unha vez comprobada a correcta resolución dos casos. Os problemas ou casos terán estreita relación con cada un dos temas que se explicaron nas sesións maxitrais. Tamén se plantearán intervencións inherentes o proceso de ensino-aprendizaxe, baseadas na exposición verbal a través da cal os alumnos e o profesor interactúan de maneira ordenada, facendo aclaracións ás cuestións presentadas. Poderanse propoñer traballos a realizar baixo a dirección do profesor, traballos que poderán ser individuais ou en grupos reducidos. Estes traballos deberán ser expostos polos alumnos na aula utilizando os medios dispoñibles. |
Proba obxectiva | Os exámenes da asignatura realizaranse nas convocatorias oficiais en xuño e xullo, que corresponden, respectivamente a primeira e segunda oportunidade. Tamén se realizarán na data establecida para a oportunidade adiantada. Nesta proba obxectiva tratarase de avaliar os coñecementos acadados polo alumno na preparación da asignatura. O obxectivo fundamental da proba obxectiva é o de avaliar a capacidade da razonamento nos temas propios de macroeconomía e a capacidade para entender e actuar ante as cuestións planteadas. Os coñecementos teóricos e os desenvolvementos matemáticos e gráficos acadados durante a preparación do programa da asignatura serán avaliados de maneira axeitada. Por este motivo será unha proba que abarque todo o programa explicado cun nivel de profundidade axeitado, que non exceda nin sexa inferior ó nivel planteado no curso. |
Sesión maxistral | As actividades docentes do curso abarcarán clases maxistrais, ademáis de clases prácticas. Utilizarase a linguaxe oral, matemática e gráfica para a explicación dos diferentes temas do programa docente. A asistencia, de acordo coa guía da titulación, considérase obligatoria e de fundamental importancia para o correcto seguimento do curso e das actividades propostas polo profesor. |
|