O exame escrito se realizará nas datas fixadas polo
centro á finalización do primeiro cuadrimestre e no mes de xullo, respectivamente.
A entrega dos casos de estudio realizarase no período no que se desenvolven as actividades académicas docentes
do primeiro cuadrimestre nas datas que determine o profesor.
Terá cualificación de non presentado quen só participe
de actividades de avaliación que teñan, en conxunto, una ponderación inferior ao
20% sobre a cualificación final, con independenciada cualificación acadada.
Para aprobara materia, asemade de sumar 5 ou máis
puntos na avaliación, cómpre acadar unha puntuación mínima de 2.5 de 5 puntos no estudio de casos e probas de resposta múltiple e 2 de 5 puntos na solución de problemas (exame).
Está prohibido acceder á aula de exame con calquera
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de
información, agás os expresamente autorizados polo profesor.