Descrición xeral |
O Mestrado Interuniversitario en Procuraduría ten como orientación xeral a transmisión ao alumno/a dos coñecementos, competencias, aptitudes, habilidades e destrezas que lle permitan:
- O exercicio da profesión de procurador dos tirbunais, con suxeción ás normas deontolóxicas e estatutarias, nos ámbitos que lle son propios: representación legal das partes nos procesos xudicais en calidade de procurador, realizando os actos de comunicación ás partes e aqueles outros actos de cooperación coa Administración de Xustiza que a lei lles autorice; utilizar a denominación de procurador dos tribunais; desenvolver as demais funcións e competencias que lles atribúan as leis procesuais en orde á mellor administración de xustiza, á correcta substanciación dos procesos e á eficaz execución das sentenzas e demais resolucións que dicten os órganos xudiciais.
- Manexar con eficacia, responsabilidade e seguridade as técnicas e xeitos de actuación profesional propios da procura.
- Adquirir unha mecánica de razonamento xurídico e, en consecuencia, obter unha base xenérica da práctica xurídica en todas as materias propias do dereito positivo, para que simultánea e paulatinamente poda aspirar á especialización.
Partindo destes obxectivos establécense as competencias básicas, xerais, transversais e espec´fiicas que se desenvolven a continuación. |