Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial (plan 2012)
 Subjects
  Prácticas externas
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Clinical practice placement A2 A3 A4 A5 B11 B10 B9 B7 B6 B5 B2 B14 C3 C5 C6 C7 A valoración das prácticas externas dependerá principalmente do cumprimento efectivo do número mínimo de horas previstas para a realización do módulo. Así mesmo, da calidade e eficacia do labor desenvolvido. 100
 
Assessment comments

Ademais, da realización do numero mínimo de horas (300 horas) terase en conta a efectos da nota final, os seguintes aspectos: 1) A calidade e eficacia do labor realizado que se deducirá a partir do informe do titor da empresa.
2) A calidade da memoria de practicas externas que deberá entregarse ao finalizar as mesmas.
3) A entrevista co titor que deberá realizarse na Facultade na que se hara entrega da memoria de practicas.

Ademais, deberá terse en conta a previsión do Regulamento de Prácticas externas, concretamente o seguinte:

Artigo 35. AVALIACIÓN DAS PRÁCTICAS, RECOÑECEMENTO ACADÉMICO E
ACREDITACIÓN.
1.- As prácticas curriculares serán avaliadas polo/a titor/a académico/a da universidade,
segundo o procedemento establecido polo centro, tomando como base o seguimento do/a
alumno/a levado a cabo, o informe da persoa responsable da titorización na entidade
colaboradora, os informes de seguimento emitidos e a memoria final elaborada polo/a
alumno/a. Para estes efectos, o/a titor/a redactará o correspondente informe de valoración.
A sinatura da acta de cualificación oficial corresponderá ao/a profesor/a coordinador/a da
materia de prácticas. En todo caso realizarase de conformidade coa normativa vixente sobre
sinatura de actas e sistema de cualificacións oficiais.
O réxime de convocatoria será o previsto con carácter xeral na normativa académica, aínda
que a convocatoria extraordinaria estará condicionada ao calendario académico e ás
particularidades das prácticas de cada plan de estudos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes