Research (Research project) |
A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B4 B3 B5 B6 B8 C2 C3 C4 C6 C7 C8 |
A defensa efectuarase, en sesión pública, ante unha Comisión única nomeada pola Coordinación do Máster. Esta Comisión de avaliación estará composta por tres profesores do Máster UE %ou2013preferentemente doutores- e entre eles, a Coordinación designará a un Presidente e a un Secretario, tendo en conta a maior categoría profesional e antigüidade. Así mesmo designarase unha Comisión suplente, coa finalidade de posibilitar que, en ningún caso, o Titor do TFM forme parte da Comisión que ha de valoralo.
A exposición e defensa do TFM terá lugar na data fixada pola Coordinación do Máster, na Sala de Vistas da Facultade de Dereito.
O alumno ou alumna realizará unha exposición, durante un máximo de 15-20 minutos, do obxecto de estudo e da metodoloxía utilizada para a elaboración do Traballo de Fin de Máster, así como das principais conclusións alcanzadas. A continuación, os membros da Comisión formularán as consideracións ou observacións que consideren oportunas, podendo o alumno, finalmente, responder ás mesmas. Excepcionalmente, o Titor do TFM poderá tomar a palabra por un breve espazo de tempo, sempre que concorran razóns obxectivas ou subxectivas que o xustifiquen.
Os Traballos serán cualificados polo Tribunal no mesmo acto, outorgando a cualificación de 0 a 10 (SUSP, APR, NOT ou SOB). Para realizar esta valoración, a Comisión terá en conta que o TFM presentado terá unha ponderación do 70% e a exposición oral e defensa do mesmo do 30% no global da cualificación.
Ao concluír a defensa do último do TFM a Comisión de cualificación fará públicas todas as cualificacións obtidas polos alumnos. As cualificacións serán publicadas no taboleiro de anuncios da aula núm. 17 (aula do Máster UE) e comunicadas, no seu caso, por correo electrónico ou por teléfono móbil %ou2013mediante un sms- aos interesados. |
100 |