Guía DocenteCurso Facultade de Dereito |
Grao en Dereito |
Asignaturas |
Comunicación oral e escrita |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Comunicación oral e escrita | Código | 612G01004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Presentación dos obxectivos, contidos, dinámica e bibliografía da materia, ben como a realización de probas de avaliación inicial. |
Sesión maxistral | O alumnado deberá asistir ás aulas teóricas presenciais en que se presentarán conceptos cuxo coñecemento será exixido tanto para a realización das prácticas como nas probas escritas. |
Obradoiro | O alumnado deberá realizar individual ou grupalmente as actividades propostas polo/pola docente. |
Presentación oral | O alumnado terá que realizar probas de comunicación oral. O/a estudante non poderá superar a materia sen a realización destas prácticas. |
Lecturas | O alumnado deberá realizar as lecturas obrigatorias sinaladas en cada tema. Alén disto, para un óptimo aproveitamento das sesións, deberá ler e analizar previamente os textos que se indiquen para cada sesión. |
Traballos tutelados | Será preciso elaborar un traballo tutelado segundo as pautas definidias polo/a docente ao inicio do cuadrimestre. |
Proba mixta | O alumnado deberá realizar unha proba en que se avalíe a súa asimilación dos contidos tratados nas sesións maxistrais. Para a superación da materia será preciso obter un 4 sobre 10 nesta proba. |
|