Todas as actividades deberán ser entregadas de
acordo cos prazos e os procedimentos fixados.
Para superar a materia, a cualificación mínima
da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tamén será requisito imprescindíbel ter realizado as presentacións orais.
Unha ortografía deficiente afectará negativamente na avaliación. Nos casos máis graves levará á non corrección da actividade ou do exercicio.
O estudantado a tempo parcial e con dispensa
académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente cos profesores. Este alumnado deberá realizar e entregar
as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás
titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.
As persoas que non superaren a materia de
acordo coa avaliación continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas
aos efectos de avaliación pola Facultade de Dereito, os traballos que foren
solicitados e superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo
profesorado responsábel da materia.
Será considerado Non Presentado aquel alumno ou
alumna que non se presentar ás probas escritas ou que non realizar a totalidade das presentacións orais.