Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Subjects
  Oral and written communication
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A13 B6 B2 C1 C6 O traballo tutelado será avaliado até un 15% da cualificación final. 15
Mixed objective/subjective test A11 A12 B2 C1 A proba mixta será avaliada até un 35% da cualificación final.
Non se poderá superar a materia se non se alcanzan 4 valores sobre 10 nesta proba.
35
Workshop A8 B6 B10 B12 B13 B4 C3 Avaliarase a participación do alumnado, a capacidade para traballar en grupo e a calidade das súas intervencións, ben como a posta en práctica dos contidos teóricos relativos tanto á comunicación oral como á escrita.
30
Oral presentation A12 B4 C1 O alumnado deberá realizar probas de comunicación oral, de carácter obrigatorio. Será necesario obter un 4 sobre 10 neste apartado para superar a materia. 20
 
Assessment comments

Todas as actividades deberán ser entregadas de
acordo cos prazos e os procedimentos fixados. 

Para superar a materia, a cualificación mínima
da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tamén será requisito imprescindíbel ter realizado as presentacións orais.

Unha ortografía deficiente afectará negativamente na avaliación. Nos casos máis graves levará á non corrección da actividade ou do exercicio.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa
académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente cos profesores. Este alumnado deberá realizar e entregar
as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás
titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

As persoas que non superaren a materia de
acordo coa avaliación continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas
aos efectos de avaliación pola Facultade de Dereito, os traballos que foren
solicitados e superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo
profesorado responsábel da materia.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou
alumna que non se presentar ás probas escritas ou que non realizar a totalidade das presentacións orais.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes