O
desenvolvemento desta materia descansará basicamente sobre o traballo e a
aprendizaxe persoal dos/as estudantes. Para que isto sexa posible, a)
Recoméndase asistir a todas as sesións presenciais e realizar as
tarefas e lecturas previstas para o desenvolvemento do curso. b) A
profesora ou o profesor de cada grupo indicarán con suficiente
antelación, xa sexa personalmente nas clases, xa a través da plataforma
tecnolóxica da Universidade, que materiais deberán ser lidos, analizados
ou estudados con antelación ás sesións maxistrais e/ou de seminario en
grupos reducidos. O desenvolvemento normal do curso depende de que
os/as estudantes leven a cabo estas tarefas previas. c) Recoméndase ler e
traballar os textos, casos e materiais indicados para cada tema do
programa antes da sesión en que serán empregados. Nalgunhas ocasións, o
profesor poderá facilitar materiais que serán empregados para traballar
nas sesións de grupos reducidos sen que sexa necesario ningún traballo
previo por parte dos/as estudantes. d) Nas explicacións das clases maxistrais o profesor dará por suposto que se leu previamente o
material indicado para o tema correspondente, de modo que só incidirá
naqueles aspectos do tema non cubertos polas lecturas, ou naqueles que
xulgue máis importantes ou de especial dificultade, dando paso ás
preguntas e opinións de quen asistan á sesión. e) Durante as sesións maxistrais é moi aconsexable tomar notas e participar activamente,
interrompendo se é preciso a exposición do profesor, para solicitar
aclaraciones, expoñer puntos de vista ou formular cuestións. |