O estudo desta materia ten como finalidade primordial o estudo das diversas formas de actividade administrativa, a súa incidencia sobre a esfera xurídica dos particulares, os medios e bens afectados pola intervención administrativa e as garantías xurisdicionais da legalidade da actuación administrativa.
Por medio da ensinanza do Dereito Administrativo preténdese facilitar a comprensión da densa actividade administrativa a través do estudio das institucións, o sistema de fontes, a organización, as formas de actuación administrativa e a súa incidencia sobre a esfera xurídica particular e as garantías xurídicas articuladas no ordenamento xurídico.
Para conseguir ditos obxectivos propiciarase a comprensión do ordenamento xurídico con espírito crítico e mentalidade de xurista, farase un especial fincapé no manexo fluído e crítico das fontes do ordenamento xurídico administrativo, e perseguirase a aprendizaxe das ferramentas xurídicas que permitan aos alumnos facer fronte as esixencias do mercado de traballo con certa dose de seguridade e confianza nas súas posibilidades. “Ensinar a pensar”, en definitiva, orientando a docencia cara a diferentes modelos, todos eles compatibles e complementarios.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.