Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Subjects
  Métodos e técnicas para a elaboración e presentación de traballos de investigación
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects Avaliación do ensaio breve que cada alumno/a realizará, cuxo tema e metodoloxía deberá ser previamente acordado coa profesora. 40
Seminar Traballo en grupo, centrado principalmente na análise e discusión a partir de lecturas que serán marcadas e facilitadas pola profesora. O alumnado deberá participar activamente nestas sesións. 20
Oral presentation Avaliación da presentación oral do traballo tutelado. 20
Workshop Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. 20
 
Assessment comments

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, no traballo tutelado deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado. 

Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións etc.). No caso de que se produzan deficiencias deste tipo, estas serán penalizadas na cualificación.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitaren e obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto coa profesora para fixar os traballos que deberán entregar.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar o traballo tutelado e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.

As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os traballos que foren solicitados pola profesora.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes