Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Subjects
  Recursos para a investigación da literatura
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech A6 A7 A11 A13 B7 B9 Con carácter xeral, aplicable ao resto das metodoloxías, a asistencia e a participación activa nas sesións será avaliable de maneira continuada. 10
ICT practicals A7 A11 A13 B1 B6 B7 B8 B9 C3 C6 Traballo colaborativo sobre recursos informáticos por medio da computadora persoal. 40
Speaking test A3 A10 B6 B8 Proba oral final, de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas. Terá carácter público e será obxecto de debate na aula. 50
 
Assessment comments

Por esixencias do deseño desta aplicación, as
anteriores porcentaxes son orientativas. A cualificación final responderá ao
seguinte reparto porcentual:

1. O 50% da cualificación final obterase pola proba oral que cada estudante realizará ao finalizar o curso, dentro da aula. En
todo caso, para aprobar unha materia deberase
obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba que, como se ve,
en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 na proba oral non se compensaría cunha suma de 7 polo resto de actividades e por asistencia e
participación.) A proba terá carácter público, como parte das actividades realizadas no curso, e o seu contido será tutelado polo profesor.

2. O 40% obterase pola realización de
actividades durante o curso. Aproximadamente, un 20% corresponderá á avaliación das destrezas prácticas na aula e outro 20% para os resultados do traballo puramente documental.

3. O 10% restante corresponde á asistencia,
participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso. Observaranse
o seu aproveitamento e evolución, a súa dinámica na aula e todo aquilo que
implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.

4. A cualificación final en cada unha das dúas
convocatorias será froito dunha avaliación semellante, mediante
unha proba oral que reflicta as actividades desenvolvidas no curso, xunto
ao control de asistencia e de participación.

5. É ineludible a realización da proba oral para
obter cualificación, tamén no caso de xullo. En canto ás actividades, a súa
avaliación positiva será gardada para a cualificación da convocatoria de segunda oportunidade,
en xullo. Como se deriva do anterior, é imprescindible a asistencia física ao curso para poder computar as actividades prácticas.

6. Non obstante o anterior, o alumnado a tempo parcial ou con dispensa
académica recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa
situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa
efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse, dentro da normativa académica vixente, as actividades alternativas que se determinen.

7. O alumnado será avaliado e cualificado
sempre que acuda á proba oral. Por tanto, recibirán cualificación de Non Presentado
(N. P.) aquelas persoas non presentadas a esta proba.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes