Por esixencias do deseño desta aplicación, as
anteriores porcentaxes son orientativas. A cualificación final responderá ao
seguinte reparto porcentual:
1. O 50% da cualificación final obterase pola proba oral que cada estudante realizará ao finalizar o curso, dentro da aula. En
todo caso, para aprobar unha materia deberase
obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba que, como se ve,
en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 na proba oral non se compensaría cunha suma de 7 polo resto de actividades e por asistencia e
participación.) A proba terá carácter público, como parte das actividades realizadas no curso, e o seu contido será tutelado polo profesor.
2. O 40% obterase pola realización de
actividades durante o curso. Aproximadamente, un 20% corresponderá á avaliación das destrezas prácticas na aula e outro 20% para os resultados do traballo puramente documental.
3. O 10% restante corresponde á asistencia,
participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso. Observaranse
o seu aproveitamento e evolución, a súa dinámica na aula e todo aquilo que
implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.
4. A cualificación final en cada unha das dúas
convocatorias será froito dunha avaliación semellante, mediante
unha proba oral que reflicta as actividades desenvolvidas no curso, xunto
ao control de asistencia e de participación.
5. É ineludible a realización da proba oral para
obter cualificación, tamén no caso de xullo. En canto ás actividades, a súa
avaliación positiva será gardada para a cualificación da convocatoria de segunda oportunidade,
en xullo. Como se deriva do anterior, é imprescindible a asistencia física ao curso para poder computar as actividades prácticas.
6. Non obstante o anterior, o alumnado a tempo parcial ou con dispensa
académica recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa
situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa
efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse, dentro da normativa académica vixente, as actividades alternativas que se determinen.
7. O alumnado será avaliado e cualificado
sempre que acuda á proba oral. Por tanto, recibirán cualificación de Non Presentado
(N. P.) aquelas persoas non presentadas a esta proba.