Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Literatura e medios de comunicación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A5 A6 A8 A10 A12 B3 B5 C5 C6 Serán avaliados o nivel de análise e compreensión das materias expostas, así como a resolución dos problemas apresentados durante estas sesións, quer através de estudos de caso ou análise de fontes documentais específicas, quer no trascurso das “discusións dirixidas”, do “traballo tutelado” e/ou da “presentación oral” 10
Discusión dirixida A2 A3 A9 A11 B1 B4 B6 C1 C2 C8 Será avaliado o rigor e a profundide da análise, as cuestións eventualmente levantadas durante as intervencións, a frecuencia destas e, en xeral, todos os contributos relacionados co acompañamento/ desenvolvemento da materia. 20
Traballos tutelados A4 A7 A13 B7 B8 B9 C3 C4 C7 Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados no seminario. Levarase tamén en conta a calidade lingüística do texto entregado, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para esta actividade.

30
Lecturas A1 A4 B8 C2 C6 Para alén da eventual presentación oral dunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións orais e nas discusións dirixidas.
20
Presentación oral A9 B4 B8 C1 C2 C3 Correspóndese com os resultados e procedimentos do traballo tutelado e, eventualmente, coa estrutura e os contidos principais do texto breve atribuído polo profesor no inicio das sesións para a leitura analítica por parte do alumno/a.
Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio do contido apresentado e a utilidade da(s) presentación(s) para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na(s) exposición(s), a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos.
20
 
Observacións avaliación

Non será posíbel superar a materia sen realizar o traballo tutelado.

A avaliación do
seminario será feita de forma continua. Nela serán levados en conta non apenas
os itens referidos no lugar correspondente mais tamén, de maneira transversal,
as competencias lingüísticas, argumentativas e para a aprendizaxe colaborativa
demostradas ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe.

Todas as actividades
deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no
início das sesións.

As persoas
matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica
realizarán ou entregarán as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente
co profesor. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e
exercicios que o restante e, se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en
contacto co profesor a través do correo electrónico.

Se houver criterios
específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán
oportunamente disponibilizados polo profesor responsábel da materia na sala de aulas ou a través do moodle. O docente
fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento
de cada unha das actividades previstas.

As persoas que non
superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán entregar na
altura da segunda edición ordinaria, nas datas marcadas aos efectos de
avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e
superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado
responsábel da materia.



Será considerado Non
Presentado aquel alumno ou alumna que non realize e expoña o traballo tutelado e as leituras encomendadas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes