Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Subjects
  Temas e liñas de investigación en literatura e cultura galega do século XX
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Document analysis A profesora porá a disposición do alumnado os materiais obxecto de análise. O alumnado deberá ler e analizar estes materiais e participar na exposición das súas conclusións na aula. 30
Seminar A profesora poderá solicitar a cada estudante a entrega por escrito das conclusións do seminario.
Para participar no seminario, deberán levarse a cabo as lecturas pertinentes indicadas pola profesora.
30
Oral presentation O/a estudante exporá na aula, durante un mínimo de 20 minutos e un máximo de 1 hora, as súas conclusións sobre un asunto que escollerá de entre os tratados na materia. A exposición será necesariamente oral, aínda que poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio.
Para realizar a presentación oral deberán realizarse as lecturas obrigadas.
40
 
Assessment comments

A avaliación terá en conta a participación do alumnado no seminario (e a eventual entrega das conclusións por escrito) e nas sesións de análise de fontes documentais, integradas tamén no seminario, así como a presentación oral. Para poder levar a cabo con éxito estas tarefas, o/a estudante deberá realizar necesariamente as lecturas indicadas pola profesora.

Quen non supere a materia no mes de xuño, terá unha segunda oportunidade para facelo no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberánse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará a profesora.

Terá a cualificación de "non presentado" quen non realice a presentación oral ou quen non asista e participe, cando menos, no 50% das sesións presenciais.

O/a estudante que solicite e obteña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, entre elas a substitución da avaliación da actividade realizada na aula pola súa entrega por escrito ou pola realización dunha proba oral, nunha data que se establecerá tendo en conta a disponibilidade do/a estudante.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes