A asistencia e participación nas clases e tutorías puntuará
un 15 % da nota.
Na segunda edición de
actas (mes de xullo) poderase presentar unha nova versión dos traballos que non
obteñan o nivel suficiente. No caso de cualificación insuficiente no módulo de
asistencia e participación, a nota do traballo constituirá o 100% da
cualificación final.
Será cualificado como non presentado/a en ambas oportunidades quen non entregue o traballo tutelado.
Para a segunda
edición de actas a data límite de entrega das actividades será o día fixado
oficialmente para o exame.
As actividades
entregaranse na plataforma Moodle ou enviaranse por correo electrónico desde a
dirección que a UDC proporciona a cada estudante. O estudante comprométese a
gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.
Só se aceptarán
traballos, actividades, etc., que se entreguen no prazo establecido.
Os traballos,
actividades e exames deben cumprir as esixencias de corrección lingüística
propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro
formal, discurso coherente e cohesionado, etc.). Penalizarse a nota dos escritos que non se
axusten a esta norma.
O plaxio (é dicir, a
utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de
procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica,
dará lugar á descalificación automática da actividade.
Estudantes con
dispensa académica recoñecida. A puntuación alcanzada nos traballos e actividades non presenciais supoñerá o
100 % da nota final, tanto na primeira como na segunda oportunidade.