Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Subjects
  Recursos bibliográficos e xéneros científicos
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech O curso desenvolverase a través das aulas presenciais e do traballo persoal autónomo dos estudantes en horas non presenciais (estudo do temario a través das lecturas obrigatorias, preparación dos exercicios de aplicación, elaboración de dous resumos e elaboración dun traballo tutelado).
O curso iniciarase cunha sesión presencial na que o profesor describirá os contidos, a planificación, a metodoloxía docente e o sistema de avaliación da materia e resolverá todas as dúbidas que lle formulen os estudantes en relación con estas cuestións.
Os temas do programa desenvolveranse a partir da exposición básica dos contidos e da presentación de recursos polo profesor en SESIÓNS MAXISTRAIS.
Summary Elaboraranse dous RESUMOS da lectura de dous artigos ou capítulos de monografía propostos polo profesor.
Seminar As sesións maxistrais complementaranse con outras (SEMINARIOS) que servirán para que os/as estudantes poidan presentar os resultados do seu labor nas ACTIVIDADES de aplicación a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo.
Algunhas destas PRÁCTICAS desenvolveranse con equipamento especializado na aula informatizada.
Problem solving Como complemento das súas explicacións (nas SESIÓNS MAXISTRAIS e nos SEMINARIOS) o profesor tamén fará propostas de actividades de aplicación (PRÁCTICAS) que os/as estudantes deberán realizar en horas non presenciais.
Supervised projects O/A estudante elaborará un TRABALLO TUTELADO, para o cal se ofrecerán varias opcións e as directrices pertinentes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes