Análise de fontes documentais |
A1 A2 A11 B5 B7 C3 |
As diversas actividades de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia e participación activa na aula (10%) como os resultados de eventuais traballos individuais que se propoñan (que deberán ser entregados por escrito) e os controis de contidos que poidan facerse periódicamente (20%). |
40 |
En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen cualificar ao estudante para que as revise e as entregue de novo. Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo as probas obxec tivas con arreglo á seguinte porcentaxe: control de lectura: 10%; proba de análise morfolóxica (40%); proba de análise morfosintáctica e tradución (50%). Como na primeira oportunidade, tamén na segunda a proba escrita deberá obter, como mínimo, unha calificación de 4 puntos (con exame calificado sobre 10) tanto na parte correspondente a análise morfolóxica como na correspondente a análise morfosintáctica e tradución. O estudante será cualificado con Non Presentado en caso de que non realice as probas obxectivas previstas. O estudante matriculado na modalidade de tempo parcial será dispensado de asistencia ás sesións prácticas. A porcentaxe da avaliación correspondente a estas será compensado na baremación das probas obxectivas, que pasarán do 50% ao 90%.
|