1. Para superar a materia é obrigatorio: - Superar a proba obxectiva - Ter entregado en tempo e forma as actividades encargadas durante o curso. Caso da suma das cualificacións do conxunto das metodoloxías ultrapasar os cinco pontos sen se teren alcanzado un mínimo de dous na proba obxectiva, farase constar como cualificación final 4,9 implicando un suspenso na materia.
2. Serán avaliados os alumnos que asistiren à proba obxectiva e entregaren a recensión bibliográfica. Onde non, serán considerados como non presentados.
3. As faltas de ortografía (grallas) e/ou incorreccións léxico-gramaticais poderán ser motivo de suspenso automático cando muito graves e reiteradas. En calquera caso suporán unha diminución da nota.
4.Os alumnos/as en situación de matrícula a tempo parcial ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes suxeitos á matrícula ordinaria, conforme ás variantes para eles estabelecidas no apartado das metodoloxías.
5. Na "segunda oportunidade" de xullo, a avaliación das actividades interactivas correspondentes ás metodoloxías "Obradoiro" e "Discusión dirixida" será realizada sobre a base da presentación, por parte do alumno/a, de resumos das leituras obxecto de debate nas ditas actividades ao longo do curso.
6. Todos os alumnos/as matriculados na materia (incluídos os que a tiveren pendente de cursos anteriores) deberán entregar obrigatoriamente unha ficha con foto actualizada. Sen ela non serán admitidos para a proba obxectiva nen lles será corrixida a recensión.