Mixed objective/subjective test |
A1 A2 A3 A4 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C1 |
Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos, tantos nas sesión maxistrais como nas de análise documental, e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
|
30 |
Oral presentation |
A2 A4 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B9 C1 |
O/a estudante exporá na aula, durante un mínimo de 20 minutos e un máximo de 30, un comentario sobre una das obras incluídas no programa (e que será escollida de acordo coa profesora).
A exposición será necesariamente oral, aínda que poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. Previamente terá que ter entregado una breve ficha de lectura e un esquema da exposición. |
30 |
A avaliación terá en conta o exposto nos apartados anteriores: participación do alumnado na análise de fontes documentais (20%), presentación oral (30%) e proba escrita (30%); para poder levar a cabo con éxito estas tarefas, o/a estudante deberá realizar necesariamente as lecturas indicadas pola profesora (20%).
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.
Quen non supere a materia no mes de xuño, terá unha segunda oportunidade para facelo no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberánse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará a profesora. O resto da cualificación (un 30%) basearase nunha prueba obxectiva sobre o programa da materia e as lecturas oblrigatorias.
Terá a cualificación de "non presentado" quen non realice a presentación oral ou a proba escrita; ou quen non asista e participe cando menos no 50% das sesións presenciais.
O/a estudante que solicite e obteña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, que substituirán as actividades presenciais por outras equivalentes, tendo en conta a súa disponibilidade. A fin de programar axeitadamente estas actividades, o/a estudante nesta situación deberá porse en contacto coa profesora no inicio das aulas, enviando un correo electrónico a carme@udc.gal.
|