Para superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.
Cualificarase como non presentado a quen non se presente ao exame final oficial, independentemente do número de actividades entregadas.
Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderanse recuperar tódolos instrumentos de avaliación arriba descritos coas mesmas porcentaxes que na primeira edición. Só cualificarase como non presentado a quen xa tivese esta cualificación na edición de actas de xaneiro e, ademais, non se presente ao exame
oficial de xullo.
Para a segunda edición de actas a data límite de entrega do traballo e as actividades será a data fixada oficialmente para o exame.
Os traballos ou actividades enviaranse por correo electrónico dende a dirección que a UDC proporciona a cada estudante. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.
Só se aceptarán traballos, actividades etc., que se entreguen no plazo establecido.
Os traballos, actividades e exames deben cumprir as esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado etc.). Penalizarase a cualificación dos escritos que non se axusten a esta norma.
O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descualificación automática da actividade.
Estudantes a tempo parcial con dispensa académica recoñecida. Realizarán actividades compensatorias dos obradoiros, previo acordo co profesor.