Guest lecture / keynote speech |
A sesión maxistral contempla a exposición razoada de metodoloxías e contidos, alén da exposición do contexto estético e histórico en que se insire a proposta de cada un dos temas do programa. A sesión maxistral ten carácter teórico e posúe o valor imprescindible de conter os fundamentos das sesións prácticas, que axudan ao alumnado co dominio das competencias da materia. Prepara para a autoformación, para as sesións de traballo no obradoiro e posteriormente para a proba mixta. |
Workshop |
O obradoiro consta dunha serie de traballos prácticos cos que se procura o dominio da disciplina mediante a aplicación de formulacións metodolóxicas diversas. O alumnado realizará comentarios, simulacións, discusións dirixidas, análises de documentos, exposicións e, tamén, propostas razoadas de investigacións futuras nun tema, e analizarán a súa viabilidade. Articularán ideas que expresarán en situacións comunicativas creadas na aula expresamente. |
Mixed objective/subjective test |
A proba mixta consistirá na realización dun ensaio orixinal en que se poderá solicitar a explicación dun tema contextual ou estético-literario, que se aplique e se exemplifique mediante a análise dun fragmento facilitado ao alumno ou alumna e que este deberá recoñecer e explicar. A proba mixta poderá contemplar tamén un apartado de identificación de obras do programa. |