Por esixencias do deseño desta aplicación, as anteriores
porcentaxes son orientativas. A cualificación final responderá ao seguinte
reparto porcentual:
1. O 50% da cualificación final obterase pola proba práctica que cada
estudante realizará ao finalizar o curso. En todo caso, para
aprobar unha materia deberase obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta
proba que, como se ve, en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por
exemplo, un 3 nesta proba final non se compensaría cunha suma de 7 polo resto de
actividades e por asistencia e participación.).
2. O 40% obterase pola realización de actividades durante o curso. Dependendo do número de estudantes, a avaliación puidera ser por medio dun traballo práctico encargado polo profesor e que deberá entregarse antes da proba práctica final.
3. O 10% restante corresponde á asistencia, participación e
desempeño de cada estudante no decorrer do curso. Observaranse o seu
aproveitamento e evolución, a súa dinámica na aula e todo aquilo que implica
aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.
4. A cualificación final en cada unha das dúas convocatorias será
froito dunha avaliación semellante. No caso da segunda oportunidade, gardaranse as cualificacións superadas na primeira.
5. É ineludible a realización da proba práctica final para obter
cualificación. No caso de non facela, a persoa recibirase a cualificación de Non Presentada (N.P.).
6. Non obstante o anterior, o alumnado a tempo parcial ou con
dispensa académica recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa
situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa
efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse, dentro da normativa académica
vixente, as actividades alternativas que se determinen.