Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Literatura Española |
Avaliación |

Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Española | Código | 613G02011 | |||||||||||
Titulación |

Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Segundo | Obrigatoria | 9 | ||||||||||

Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | C1 C5 C6 C7 C8 | Cada cuadrimestre elaborarase nas aulas unha proba consistente no comentario literario dun texto seleccionado polos profesores, como control do aprendido neste campo. | 20 |
Proba obxectiva | A1 A2 A10 A11 B4 C1 C6 | Nas datas oficiais realizaranse as probas obxectivas (exames) pertinentes. | 50 |
Aprendizaxe colaborativa | A2 A9 A11 B4 | Terase en conta a asistencia e a participación de cada estudante nas aulas, con controis onde se poña de manifesto o seu interese e a súa evolución. | 10 |
Lecturas | A2 A7 A10 A11 A18 B3 B5 B6 C3 C6 | Lecturas obrigatorias que serán a base para as sesións maxistrais e os obradoiros do curso. Cada cuadrimestre realizarase un control destas lecturas. | 20 |
Observacións avaliación | |||

Por esixencias do deseño desta aplicación, as
anteriores porcentaxes son orientativas. Para completar esa información, é importante ter en conta os seguintes criterios:

1. O 50% da cualificación final obterase polas probas escritas (exames) que cada estudante realizará ao finalizar o curso, nas convocatorias oficiais de primeira e de segunda oportunidade. Para aprobalas, deberase obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 no exame non é posible compensalo cun 7 pola suma de actividades e asistencia. Os exames realizaranse en data, hora e lugar establecidos polos horarios oficiais do centro.

2. Con independencia do anterior, en coincidencia coas convocatorias oficiais de xaneiro, haberá un exame opcional que permitirá liberar materia da primeira parte da asignatura.

3. O 40% obterase pola realización de actividades durante o curso. Un 20% corresponderá a dous comentarios de texto, feitos por escrito, en horario de curso, á fin de cada período, en decembro e en maio. O outro 20% será para dous controis de lectura feitos de modo semellante ao anterior, por escrito, nas aulas, tamén á fin de cada período.

4. O 10% restante corresponde á asistencia, participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso. Observaranse o seu aproveitamento e evolución, a súa dinámica na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.

5. Para obter cualificación é indispensable presentarse ás convocatorias oficiais, tanto en primeira como en segunda oportunidade. De non facerse así, considerarase á persoa como Non Presentada (N.P.).

6. No caso das actividades (comentario e lecturas), toda avaliación positiva será gardada para a cualificación da segunda oportiunidade, a de xullo. En caso de estar suspensas ou non realizadas, efectuaranse entón as probas pertinentes.

7. O alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica recoñecida, deberá comunicar por escrito ao profesorado a súa situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse as actividades que se determinen.

8. As probas escritas e as actividades deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (acentuación, ortografía correcta, puntuación, concordancia sintáctica, inexistencia de reiteracións, precisión léxica, ausencia de abreviaturas, rexistro formal). As deficiencias na ortografía e na redacción serán penalizadas na cualificación con medio punto por falta. No caso de estudantes de lingua estranxeira, será indispensable un dominio razoable da lingua española, tanto en expresión oral como escrita, equivalente en todo caso ao nivel B2.

9. Forma parte das obrigas do alumnado estar ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta periódica da plataforma Moodle.

10. Lémbrase que os dereitos e deberes do alumnado da UDC están recollidos na web institucional: https://www.udc.es/normativa/estudantes/index.html