Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Lingua Inglesa 4 |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Inglesa 4 | Código | 613G02019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | B6 B9 C2 C3 C6 | Teredes que facer dúas tarefas distintas que se avaliarán por separado: (1) un CV profesional para o/a lector/a (20%) e (2) unha lista de Obras Citadas en estilo MLA para a coordinadora (20%). En clase, en Moodle e nas titorías dos nosos despachos, darémosvos as pautas necesarias para os traballos. O CV deberá seguir os parámetros elixidos polo/a lector/a. O traballo coa lista MLA, deberá incluír o TEMA elixido polo/a estudante ademais de: un libro dun/a ou máis autores/as, un capítulo nunha colección de ensaios de autores/as diferentes, un artigo de JSTOR e unha fonte electrónica extra (e.g. entrevista en YouTube) SOBRE O TEMA ELIXIDO Os/as docentes insistimos na ABSOLUTA NECESIDADE de que o alumnado aproveite as horas de clases e as titorías para aprender e consultar as súas dúbidas sobre estes traballos |
40 |
Obradoiro | B5 B8 C4 | (GRUPOS MEDIANOS E PEQUENOS con lector/a): En parte dos grupos medianos e en todos os talleres, practicaredes as vosas habilidades para falar, escoitar e traballar coa gramática. Prestarase especial atención a cómo realizar un CV e unha entrevistas de traballo. En ocasións, teredes que facer tarefas baseadas en material que estará en MOODLE. Aqueles/as alumnos/as que demostren unha extraordinaria participación oral recibirán unha puntuación EXTRA sobre a nota final (ver observacións). |
0 |
Sesión maxistral | A4 A5 A6 A10 A11 A15 A21 A22 A23 B1 C7 C8 | (GRUPOS GRANDES con coordinadora): As clases consistirán en leccións teóricas e práctica tanto oral coma escrita. Antes de vir a clase, os/ás estudantes terán que ler NOTICIAS ou ver VÍDEOS que colgaremos en Moodle. Unha vez alí, DEBATERÁN sobre estas noticias/vídeos, organizaranse en grupos e ESCRIBIRÁN un ensaio argumentativo derivado do debate. Os devanditos ensaios serán corrixidos pola profesora e devoltos aos seus autores/ás ao longo do curso. Completaremos a práctica da gramática, o vocabulario e a escritura académica con algún XOGO. Aqueles/as alumnos/as que demostren unha extraordinaria participación oral recibirán unha puntuación EXTRA sobre a nota final (ver observacións). |
0 |
Presentación oral | B10 C1 | A presentación consiste en facer un VÍDEO-PROXECTO entre 5 e 10 persoas cuxo contido sexa un ANUNCIO ou PROGRAMA para VENDER un PRODUTO ou MÉTODO. Mentres falan, os/as estudantes teredes prohibido ler de calquera tipo de notas. Teredes que preparar o GUIÓN, gravar o VÍDEO e colgalo; o resto das pautas serán explicadas pola coordinadora. Naturalmente, ínstase o alumnado a que use as titorías ao longo do cuadrimestre para consultar as súas dúbidas sobre este proxecto. |
10 |
Proba mixta | A1 A2 A9 A14 B3 C5 | As partes do exame organizaranse como segue: -EXAME DE LECTURA con coordinadora (15%): Esta parte consiste nunha proba de comprensión lectora das LECTURAS OBRIGATORIAS LONGAS, que estarán en MOODLE, e que son distintas dos textos breves tratados nos seminarios. As devanditas LECTURAS LONGAS serán explicadas na sesión de grupo grande o penúltimo día de clase. -EXAME DE ESCRITURA con coordinadora (20%): Teredes que escribir un ensaio argumentativo sobre un tema relevante fixado pola profesora que non foi debatido na clase; este ensaio poñerá a proba as vosas habilidades tanto coa gramática e o vocabulario coma coa escritura tipo MLA. Así pois, debe ter: título, introdución (hipó)tesis, corpo e conclusión. -EXAME AUDIO-ORAL con lector/a (15%): Entrevista de traballo (en rexistro formal) seguindo as directrices explicadas e practicadas en clase, como tamén os modelos e consellos publicados en Moodle. |
50 |
Seminario | A8 A12 B4 B7 | (GRUPOS MEDIANOS con coordinadora): dedicaremos parte destes grupos de exercer a comprensión da lectura de textos curtos que serán colgados en Moodle. Os/as estudantes deben ler estes textos de antelación, e tamén preparar exercicios Moodle, que serán corrixidos na clase e verificados pola profesora ao longo do curso . Aqueles/as alumnos/as que demostren unha extraordinaria participación oral recibirán unha puntuación EXTRA sobre a nota final (ver observacións). |
0 |
Observacións avaliación | |||
- Para poder superar a materia, hai que sacar polo menos un 4 (sobre 10) - Os traballos deben entregarse en tempo e forma. Só aceptaranse entregas con atraso única e exclusivamente se hai unha causa debidamente xustificada (p. ex. cun xustificante médico). - Os traballos que mostren signos de plaxio serán cualificados cun 0. - O traballo voluntario - En caso de folga de profesores/ás en días de clase, se fose necesario, os/as docentes dotarán aos/ás estudantes de material didáctico a través de Moodle. En caso de folga de alumnos/as, os/as docentes poderían pedilos aos/ás estudantes a entrega de exercicios con que substituír o traballo dese/vos día/s. - Xa sexa na primeira ou a segunda oportunidade, os/as estudantes que non vingan ao exame serán cualificados/ás como Non presentados/ás. - Para a oportunidade de - Aqueles/ás alumnos/ás que se matriculasen oficialmente a tempo parcial e teñan concedida a DISPENSA académica, como establece a normativa desta Universidade, serán avaliados/as en xuño o xullo seguindo os mesmos criterios estipulados na oportunidade de xullo. |
|