Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntossobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.
Oalumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Ao mesmo tempo, todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso dedeficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.
O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesorado a través do correo electrónico.
Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios ecoas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.
A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistirao exame (proba mixta) e/ou cando tiver entregado un número inferior deactividades ao 50%.
Para o resto de casos non contemplados nestas "Observacións" seguirase o disposto na "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario".