Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.
O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Ao mesmo tempo,
todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación.
O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá
realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non
puider asistir ás tutorías, deberá pórse en contacto coa profesora a
través do correo electrónico.
Na
segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e
coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Terán tamén que realizar unha presentación oral de carácter similar á definida para o resto do alumnado e para a que se fixará día e hora no mes de xullo.
A cualificación de Non Presentado/a existirá cando a alumna ou o alumno non asistir, ao menos, ao 50% das sesións presenciais e non realizar, ao menos, o 50% das probas-actividades previstas.