Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  As Linguas Románicas
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Document analysis A1 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 Valorarase a destreza na identificación nos textos dos trazos explicados nas clases. 30
Mixed objective/subjective test B5 B7 B8 C6 Valorarase a corrección e o grao de profundizamento nas respostas, segundo o requirido en cada caso, así como a corrección lingüística. O caso dos estudantes Erasmus será obxecto de consideración especial, aínda que se esixirá igualmente un mínimo de corrección. 40
Guest lecture / keynote speech A13 A23 A25 A26 A27 A28 B5 B8 Terase en conta a asistencia ás clases e a participación activa nelas. 10
Critical bibliographical A14 B3 B5 B7 B8 C6 Valorarase a análise completa e a reflexión crítica sobre a(s) obra(s) lida(s), así como a corrección na expresión. 20
 
Assessment comments

Se durante o curso se programase algún evento científico ou cultural que a profesora considerase de interese para o alumnado, a participación nel podería pasar a computar na avaliación, o que comportaría unha reestruturación das porcentaxes sinaladas.

O alumno será obxecto de avaliación se realiza dúas actividades avaliables (proba, recensión ou análise dunha fonte documental). 

Para ser considerado Aprobado na primeira oportunidade, o alumno deberá realizar todas as actividades propostas e obter en cada unha delas un mínimo de 5.

Na segunda oportunidade, o alumno deberá completar a entrega das actividades non realizadas e acadar a puntuación requirida; se o carácter da proba non o permite, deberá realizar outra actividade similar que será indicada pola profesora.

O sistema de avaliación será obxecto de adaptación para os alumnos con dispensa académica. En virtude da diversidade de situacións posibles, no seu momento, de darse o caso, indicarase o sentido desta adaptación, de modo que aquelas sesións, probas etc. nas que non poidan participar sexan compensadas con outras. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes