Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre10 no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.
Para a segunda oportunidade do mes de xullo, aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que entregar, na data marcada para o exame, os exercicios escritos que non fosen avaliados positivamente e o traballo tutelado(no caso de o ter reprobado con anterioridade). O resto da cualificación (un 60%) basearase nunha proba obxectiva sobre o programa da materia e as lecturas obrigatorias.
Os/as alumnos/as que tiveren matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria polo que terán que se poñer en contacto coa profesora para fixar o tema do traballo. A presentación oral do mesmo realizarase nunha sesión de tutoría persoal. A data e hora de realización destas sesións poderán ser concertadas a través do correo electrónico.
A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir ao exame (proba mixta) ou cando non asista e participe, ao menos, no 50% das sesións presenciais.