Workshop |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
|
Supervised projects |
Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesor, escolleito entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. |
Mixed objective/subjective test |
Proba escrita en que se deberán mostrar os coñecementos e as competencias adquiridas. Esta proba realizarase na data, hora e lugar establecidos no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía. |