1. OBSERVACIÓNS XERAIS PARA A 1.ª OPORTUNIDADE (xaneiro):
1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre 10) cada unha das metodoloxías avaliábeis: OBRADOIRO, TRABALLO TUTELADO, PRESENTACIÓN ORAL e PROBA MIXTA. En caso contrario, poderá recuperar parcial ou totalmente estas metodoloxías na 2.ª oportunidade (xullo), segundo as normas que se detallan na epígrafe 2.
1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade,todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.
1.3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica recoñecida deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse encontacto co profesor a través do correo electrónico.
2. CUALIFICACIÓN FINAL NA 2.ª OPORTUNIDADE (xullo):
2.1. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior, excepto o "Obradoiro", cuxa cualificación -ao ser presencial- integrarase no Traballo Tutelado (que, deste xeito, equivalerá ao 40% da cualificación).
2.2. As metodoloxías que non foren aprobadas na 1.ª oportunidade deberán elaborarse para seren avaliadas nesta 2.ª oportunidade. Igual que na oportunidade anterior, para superar a materia o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre 10) cada unha das metodoloxías.
3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP):
3.1. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir ao exame (proba mixta) e, alén disto, cando o número de actividades for inferior ao 50%.