1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba mixta deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10, para poder sumar os restantes elementos de avaliación.
2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Igualmente, todo o tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); se houber deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.
3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.
4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas percentaxes que na oportunidade anterior. Isto significa que antes da data oficial do exame teñen de ser entregues todos os traballos e actividades programadas (recensións bibliográficas e traballos tutelados); no caso da presentación oral, marcarase un día para a súa realización.
5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando se der algún dos seguintes supostos: a) o alumno ou a alumna non realizou a proba mixta; b) a alumna ou o alumno non entregou a totalidade de actividades previstas; c) o alumno ou a alumna non realizou a proba mixta nin entregou a totalidade de actividades programadas.