Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A10 A14 A15 A16 B1 B3 B7 B8 B10 C2 C3 |
Realizacion dun traballo individual que teña que ver con algún aspecto da materia. Un plaxio confirmado supón a non cualificación desta proba. 2 puntos |
20 |
Presentación oral |
A1 A2 A10 A16 B8 B9 C2 |
Presentación elaborada por un, dous ou tres alumnos /as relacionada co programa da materia. 1.5 puntos. |
15 |
Nesta materia valorarase especialmente o coñecemento dos principios básicos de cada escola crítica literaria, e, asemade, a capacidade do alumno para analizar razoadamente, empregando eses coñecementos teóricos básicos, dous textos literarios ingleses.A nota final ha de ser igual a 5 para poder aprobar a materia. Os alumnos/as deberán obter tamén un mínimo de 2 sobre 5 puntos no exame, e de 2 sobre 5 na evaluación contunua. Os alumnos/as que non fagan traballos, exposicións orais ou comentarios de texto non terán notas de evaluación continua. É necesario obter 2 puntos e terán que recuperalos na convocatoria de recuperación ou segunda oportunidade, ainda que teñan 5 de 5 puntos no exame de primeira oportunidade, algo que obviamente non é doado.A única lingua empregada en clase, os traballos e os exames será o inglés. As faltas de expresión graves (non de estilo) en lengua inglesa mermarán a nota en calquer actividade. Polo tanto recoméndase ós alumnos/as que se esmeren na redacción e a revisen. Tampouco se permitirán plaxios de fontes escritas ou dixitais nos exames ou traballos. Os alumnos deben adquirir competencia literaria propia en certa medida, ainda que é lóxico,e polo tanto perdoable, que os comentarios e interpretacións do profesor subexistan tras dita competencia. Cando o alumno/a, por circunstancias varias (enfermedade xustificada, dispensa, etc) , non poda facer a presentación oral, sempre poderá entregar un segundo traballo por escrito antes de exame de primeira oportunidade para que a actividade compute entón. 2 puntos sobre 10.Os alumnos/as que asistan e participen durante o curso na evaluación continua non poderán ser considerados como non presentados a partir da realización dun 25 % das actividades. Os alumnos a tempo parcial con dispensa deberán falar co profesor durante as duas primeiras semanas para buscar alternativas á evaluación contínua na primeira oportunidade. A avaliación na oportunidade de xullo dividirase do xeito seguinte: 50% exame final + 50% actividades que sustituirán o traballo feito durante a avaliación contínua e que se especificarán ao publicar as notas da primeira oportunidade.
|