-Para aprobar o curso, os e
as estudantes terán que sacar (polo menos) un 4 en todas as partes avaliables e
(polo menos) un 5 na nota final.
-O meu método docente
baséase na AVALIACIÓN CONTINUA, que ten en conta: a participación nas clases
teóricas para demostrar a vosa comprensión das lecturas, os exercicios
audiovisuais das clases prácticas, dous ensaios e dúas presentacións orais. Se
aprobades todas estas tarefas e a vosa cualificación final é 5 ou máis, teredes
aprobado o curso--dareivos esta información cara a finais de decembro.
-XANEIRO: Os e as estudantes
que non aproben as partes de LECTURA e CLASES PRÁCTICAS poderán
recuperalas en xaneiro. Polo tanto, no día oficial de exame, terán que
completar dúas tarefas: 1) ENTREVISTA coa coordinadora en torno ás lecturas do
curso; 2) EXERCICIOS AUDIOVISUAIS baseados nos materiais das clases prácticas.
-XULLO: Os e as estudantes
que non aproben os apartados de ENSAIOS e PRESENTACIÓN ORAL terán que (re)hacerlos na data oficial
da oportunidade de xullo. Dado que non haberá clases, AMBAS as dúas
presentacións terán QUE SER GRAVADAS; por esta mesma razón, poderedes facer o
proxecto de grupo de forma INDIVIDUAL.
-En caso
de folga de profesores/as, se fose necesario, a profesora proverá aos/ás
estudantes con material didáctico a través de Moodle.
En caso de folga de estudantes, a profesora podería pedir aos estudantes que
realicen unha tarefa equivalente ao traballo de clase.
-Os/as
estudantes deben entregar as tarefas nas datas convidas. Só aceptaranse traballos entregados con atraso se son acompañados dun xustificante oficial (por exemplo, debido a un problema médico).
-Un
ensaio que mostre signos de plaxio será cualificado cun 0.
-Tanto en xaneiro coma en xullo, os/as
estudantes que non cumpran co 50% dos requisitos serán cualificados/as como Non presentados/as.
-Aqueles/as alumnos/as que oficialmente fosen
matriculados/as a tempo parcial, e que posúan unha dispensa académica, tal e
como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados/as
en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda
oportunidade de xullo.