1. OBSERVACIÓNS XERAIS PARA A 1.ª OPORTUNIDADE (xaneiro):
1.1.
Para superar a materia, o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre
10) cada unha das metodoloxías avaliábeis: OBRADOIRO, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS e PROBA MIXTA. En caso contrario, poderá recuperar
parcial ou totalmente estas metodoloxías na 2.ª oportunidade (xullo),
segundo as normas que se detallan na epígrafe 2.
1.2. O
alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.
Asemade, todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias
mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia
sintáctica,ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán
ser penalizadas na cualificación.
1.3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica recoñecida
deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o
restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse encontacto co
profesor a través do correo electrónico.
2. CUALIFICACIÓN FINAL NA 2.ª OPORTUNIDADE (xullo):
2.1.
Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos
criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior,
excepto o "Obradoiro", cuxa cualificación -ao ser presencial-
integrarase en "Solución de problemas" (que, deste xeito, equivalerá ao 40% da
cualificación).
2.2. As metodoloxías que non foren
aprobadas na 1.ª oportunidade deberán elaborarse para seren avaliadas
nesta 2.ª oportunidade. Igual que na oportunidade anterior, para superar
a materia o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre 10) cada unha
das metodoloxías.
3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP):
3.1.
A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a
non asistir ao exame (proba mixta) e, alén disto, cando o número de
actividades for inferior ao 50%.