Workshop |
Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de comprensión oral e lectora, e de produción oral e escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos). |
Oral presentation |
A interacción oral será corrente nas sesións presenciais e poderán ser apresentados oralmente traballos ou atividades específicas.
A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos conteúdos vehiculados constitúen os principais elementos a levar en conta polo alumnado neste tipo de actividade. |
Mixed objective/subjective test |
Consta fundamentalmente de unha proba escrita que permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e a produción escritas. Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación… |
Guest lecture / keynote speech |
As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos conteúdos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos conteúdos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo. |
Directed discussion |
Actividades desenvolvidas polo alumnado en grupos pequenos, en que serán postos en práctica a expresión e a comprensión orais en lingua portuguesa. Serán apresentados e comentados diversos temas baixo a supervisión d@ docente. Nestas sesións prestarase unha especial atención á participación activa do estudantado. |