Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Idioma Moderno 4: Portugués
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Directed discussion B5 B7 C2 As intervencións, orais e escritas, do/da estudante durante as sesións presenciais serán obxecto de avaliación, levando en conta especialmente os recursos comunicativos de cada alumno/a e a sua capacidade para resolver os problemas colocados. 10
Workshop A8 A15 B1 C2 Serán realizadas atividades de diferente tipoloxía e con variados obxectivos (léxico, gramática, fonética, ...) destinadas a aumentar a capacidade comunicativa do estudantado. 15
Oral presentation B4 B5 Os/as alumnos/as terán que realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 10
Mixed objective/subjective test A8 A15 B4 B8 C2 Cada estudante deberá realizar unha proba mixta de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 40
Supervised projects A8 A15 B6 C4 Serán avaliadas a corrección lingüística, as estratexias e procedementos expositivos utilizados, a participación ao longo dos traballos realizados nas sesións presenciais destinadas ao efecto, os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado".
Valorarase especialmente a aprendizaxe colaborativa.
25
 
Assessment comments

Todas
as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os
procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao
alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.

Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.

O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará ou
entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada
previamente co profesorado. Este alumnado deberá realizar e entregar
as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir
ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do
correo electrónico.

Se
houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor
responsábel pola materia na sala de
aulas ou através do Moodle. O docente fornecerá, igualmente, as
oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha
das actividades previstas.

As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación
continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas aos efectos
de avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren
solicitados e superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas)
marcadas polo profesorado responsábel da materia.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar á proba mixta ou que non presentar ningunha das actividades previstas neste guía.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes