Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Enxeñeiro en Informática
 Asignaturas
  Deseño de Sistemas de Información
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais na exposición dos coñecementos teóricos empregando diferentes recursos: pizarra, proxección de material en formato electrónico, apuntes en formato electrónico e recursos facilitados pola docente da asignatura na facultade virtual.
Seminario Seminarios prácticos nos que se desenvolven os coñecementos adquiridos, tomando un exemplo concreto como fío condutor. A docente da asignatura dirixe a realización do seminario, incentivado no posible a participación do estudantado.
Prácticas de laboratorio Prácticas deseñadas pola docente da asignatura baseadas nos coñecementos que o estudantado vai adquirindo. O estudantado desenvolverá estes traballos en pequenos grupos, preferiblemente de dúas persoas.
Proba obxectiva Proba escrita mediante a que se valoran os coñecementos adquiridos polo estudantado. O estudantado deberá desenvolver tanto os seus coñecementos a nivel teórico mediante a resposta a preguntas, como o seus coñecementos aplicados mediante a resolución de exercicios e problemas similares aos prantexados nas prácticas de laboratorio e traballos titorizados.
Traballos tutelados Traballos titorizados propostos pola docente da asignatura e desenvolvidos polo estudantado, ben en grupo, ben individualmente. Estes traballos titorizados poderán ser avaliados mediante controis tipo test ou nas titorías personalizadas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes