Descripción general |
É unha asignatura optativa nas tres titulacións da Facultade de Informática: Enxeñería
Técnica en Informática de Gestión, Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas i Enxeñería Informática. Ademáis, é asignatura de libre elección da Universidade. Ten asignados para o curso 2007-2008 un grupo de teoría e tres de prácticas.
A Informática Biomédica ten unha relación directa con moitas das asignaturas do primeiro ciclo, entre elas: Tecnoloxía Electrónica; Estructura de Datos e da Información;
Bases de Datos I; Interfaces co Usuario; Redes de Comunicacións.
O perfil do alumno desta asignatura non é homóxeneo, en especial, claro está, no caso dos alumnos que elixen Informática Biomédica como asignatura de libre elección. Si a isto unimos o marcado carácter multidisciplinar da asignatura: adquisición de sinais biomédicas, procesado da imaxe médica, diseño de sistemas informáticos sanitarios, etc.
Fixa como unha das primerias prioridades intentar nivelar ó longo do curso, no posible, as diferencias que se observan na formación de partida (distintos cursos dunha mesma titulación, distintas titulacións, distintas asignaturas optativas cursadas con anterioridade) e proporcionar unha serie de conceptos e técnicas que lle sirvan de base ó alumno para o desenrolo da súa profesión neste área.
O obxetivo fundamental da asignatura é coñecelas bases teóricas e prácticas, necesarias para o desenrolo de Sistemas de Información no ámbito da Medicina. Para elo se analizanse as distintas capas do sistema de información, esto é: adquisición, instrumentación, procesado dixital, bases de datos, sistemas de axuda a toma de decisións, redes, etc.
|